A Asociación Cultural Couto Mixto de Bruxelas organiza o vindeiro 13 de decembro un obradoiro de regueifas da man do músico Manolo Maseda.
A Asociación Cultural Couto Mixto de Bruxelas organiza o vindeiro 13 de decembro un obradoiro de regueifas da man do músico, educador e regueifeiro galego Manolo Maseda. O encontro terá lugar no espazo cultural Metaprosa, a partir das 15:30 horas, e ofrecerá unha oportunidade para descubrir e practicar unha das expresións máis singulares da tradición oral galega: a improvisación en verso.
Información práctica
📅 Data: Doming, 13 de decembro de 2026
🕖 Hora: De 15:30 a 18:30 horas.
📍 Lugar: Metaprosa – Chau. Saint-Pierre 9, 1040 Bruxelas.
🎟️ Entrada gratuíta.
A través da poesía, o canto, o enxeño e a retranca, a regueifa permite establecer un diálogo improvisado en verso. Neste obradoiro, Manolo Maseda achegaranos ás claves dunha tradición que continúa reinventándose e conquistando novas xeracións.
Non é preciso ter experiencia previa: abonda con traer ganas de xogar coa lingua, improvisar e pasalo ben.
Dúas citas coa regueifa galega en Bruxelas
O obradoiro terá lugar na véspera da presentación do documental Ao son da nova regueifa, dirixido polo propio Manolo Maseda.
A proxección celebrarase o luns 14 de decembro, ás 18:30 horas, no Instituto Cervantes de Bruxelas, no marco do ciclo de cinema dos Premios Mestre Mateo organizado polo Festival Emigrason, que para esta actividade conta tamén coa colaboración do Couto Mixto.
A través das experiencias de regueifeiras e regueifeiros de diferentes puntos de Galicia, o documental explora a recuperación e transformación desta tradición, tendendo pontes entre as súas raíces populares e as súas manifestacións contemporáneas. Tras a proxección, haberá un coloquio co director.
Máis información e reserva de entradas para o documental aquí.
Sobre Manolo Maseda
Manolo Maseda (Burela, 1975) é músico, compositor, educador e regueifeiro. Formado no Conservatorio de Santiago de Compostela e licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Salamanca, é profesor de música en secundaria e un apaixonado do acordeón, instrumento co que desenvolveu unha identidade artística propia.
Ao longo da súa traxectoria musical participou en grupos como Fiandola, Serra-lhe aí!!! ou Os Diplomáticos de Montealto, ademais de colaborar con artistas como Guadi Galego, Sés, Uxía ou Lamatumbá.
A súa vinculación coa regueifa nace do activismo educativo, especialmente a través do proxecto Regueifesta, que leva máis dunha década impulsando a improvisación oral en verso nas escolas públicas galegas. A iniciativa contou tamén cunha dimensión europea a través do programa Erasmus+, conectando Galicia con territorios como Cerdeña, Madeira ou o País Vasco.
Xunto con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, conforma o trío Regueifa Ambulante, desde o que promove unha regueifa contemporánea, enraizada na tradición galega pero aberta aos retos e ás posibilidades do século XXI.
Good to know
Highlights
- 3 hours
- In person
Location
Metaprosa
Chau. Saint-Pierre 9
1040 Etterbeek
How do you want to get there?

Agenda
-