Roteiro Literario por Trasalba

Panel de acciones

Roteiro Literario por Trasalba

O sábado 1 de outubro de 2022 queremos redescubrir con todos vós as terras de Trasalba, facendo un roteiro literario

Cuándo y dónde

Fecha y hora

Ubicación

Casa Museo Otero Pedrayo - Fundacion Casa Museo Otero Pedrayo 32172 Trasalba Spain

Mapa y direcciones

Cómo llegar

Acerca de este evento

A idea é que poidamos coñecer todos os lugares próximos á Casa Museo de Ramón Otero Pedrayo seguindo o libro "Trasalba, terra literaria" de Patricia Arias Chachero, que será a guía da nosa viaxe. É unha andaina que conta cuns 5Km de percorrido nos que iremos parando nos puntos máis interesantes do traxecto 😊

O evento inclúe tamén unha visita teatralizada na casa museo e unha merenda da que desfrutaremos todos xuntos. Ademáis, contamos con algún agasallo para todos os asistentes 😉

O prezo por persoa é de 5€. O pago efectuarase en efectivo o propio día do evento. Agradécese que se traiga o diñeiro xusto.

O punto de encontro é a Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba, Amoeiro.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición. No caso de que estén agotadas cando intentes facer a reserva, anótate na lista de agarda. Ao mellor alguén dase de baixa e podemos contactar contigo 😊

Se tes calquera dúbida, podes porte en contacto con nós a través do enderezo electrónico fundacion.otero.pedrayo@gmail.com ou chamando ao 988 28 11 39 no horario de apertura do museo. Recordade que os domingos e os luns pola mañá estamos pechados. Tamén é aquí onde tes que dirixirte se queres anotarte na lista de agarda.

Non volo podedes perder! Animádevos! 🥰

Este evento conta coa colaboración da Asociación cultural Platea Lúa, encargados de facer a visita teatralizada; e coa colaboración da Xunta de Galicia, de RurAllure e do Concello de Amoeiro.

Imagen de Roteiro Literario por Trasalba
Gratis