Hamlet | Programa de Sala | FIOT 2019

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Pazo da Cultura de Carballo

s/n Rúa Pan

15100 Carballo

Spain

Ver mapa

Descripción del evento
Festival Internacional de Outono de Teatro 2019 en Carballo

Acerca de este evento

A familia Hamlet ten o pracer de convidalo a tres cerimonias que se desenvolverán ao longo dun só día: O Funeral do Defunto, que terá lugar no Arquivo Morto; O matrimonio da Viúva do Defunto, no Salón Nobre; A toma de posesión do noivo da Viúva do Defunto, no Penthouse. E como entretemento, unha lectura escenificada e moi posiblemente a dó!

Comedia visual e física que convida á imaxinación do público, trasladando todo un clásico á modernidade dunha multinacional, para abordar temas como a traizón, a vinganza, o incesto, a corrupción, a moralidade, o abuso e xogos de poder, o acoso, a inafectividade... reflexo dunha sociedade autista e deshumanizada.

O humor, a creatividade e o traballo físico son a linguaxe empregada novamente por esta compañía portuguesa, de recoñecemento internacional e asidua ao FIOT, que mediante o uso de obxectos desafiará novamente o enxeño dos espectadores, empregando neste caso as garabatas como símbolo de poder.

  • Intérpretes: Jorge Cruz, Susana Nunes, Ramón de Los Santos e Tiago Viegas.
  • Deseño de luces: José Carlos Garcia
  • Vestiario: Teresa Machado
  • Dirección: José Carlos Garcia, Cláudia Nóvoa e Tiago Viegas

ENTRADA: 8 € | DURACIÓN: 90 MIN

RECOMENDADO A PARTIR DE 12 ANOS

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Pazo da Cultura de Carballo

s/n Rúa Pan

15100 Carballo

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado