Fariña | Programa de Sala | FIOT 2019

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Pazo da Cultura de Carballo

s/n Rúa Pan

15100 Carballo

Spain

Ver mapa

Descripción del evento
Festival Internacional de Outono de Teatro 2019 en Carballo

Acerca de este evento

Desde acordeóns a drogas, aquí polo mar entrou de todo. Piratas de terra, contrabandistas de penicilina, braceiros, señores do fume, políticos, pilotos de planadora, policías, narcotraficantes, rapaces consumidores, nais desesperadas…, todo cabe sobre o escenario que percorre este escuro capítulo de Galicia.

A historia non permite nin acomodarse na butaca. O espectador vese involucrado entre situacións familiares cheas de humor, e tamén dor, como as vidas de todas as persoas que conforman esta historia.

Despois do récord de público no teatro galego con Somos Criminais, a produtora de Xosé Touriñán, dá un paso adiante cunha obra de gran formato dirixida por Tito Asorey desde as claves contemporáneas do teatro documento, integrando documentos reais e ficcións, e comprometida coa nosa realidade.

Unha traxedia social contada con humor negro, retranca e drama.

  • Intérpretes: Xosé Antonio Touriñán, María Vázquez, Cris Iglesias, Marcos Pereiro e Sergio Zearreta
  • Vestiario: Ruth Pereira
  • Música en directo: Cris Iglesias, Sergio Zearreta, María Vázquez
  • Espazo sonoro: Santi Jul
  • Tema orixinal: Novedades Carminha
  • Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
  • Escenografía: José Faro“Coti”
  • Dramaturxia: José Prieto, sobre o ensaio de Nacho Carretero
  • Dirección: Tito Asorey

ENTRADA: 15 € | DURACIÓN: 80 MIN APROX.

PÚBLICO ADULTO

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Pazo da Cultura de Carballo

s/n Rúa Pan

15100 Carballo

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado