Chicas y Chicos | Programa de Sala | FIOT 2019

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Pazo da Cultura de Carballo

s/n Rúa Pan

15100 Carballo

Spain

Ver mapa

Descripción del evento
Festival Internacional de Outono de Teatro 2019 en Carballo

Acerca de este evento

Ela é divertida e audaz. Unha muller que podería ser calquera. Cun marido, unha filla pequena que pasa o día construíndo cousas e un fillo menor que as destrúe. Enfrontouse aos teitos de cristal, a un traballo ao que non estaba destinada, á conciliación,…. Pero as cousas non son como parecen. Sen decatarnos, estamos converténdonos nese final inimaxinable.

Podemos perdoar que unha muller teña máis éxito que os homes? Esta obra formúlanos preguntas que a sociedade debería facerse sobre a masculinidade, a violencia ou as consecuencias sobre os menores dunha realidade que se repite sen que sexamos capaces de atopar saída.

Este é o tema que aborda con dor, humor, tenrura e realidade o autor aclamado internacionalmente Dennis Kelly e que dirixe unha das dramaturgas máis interesantes da escena española, Lucía Miranda, gañadora do último premio Ojo Crítico, que lidera un equipo maioritariamente feminino.

Unha función conmovedora, contundente e tristemente veraz, que será estrea absoluta no FIOT e que seguro terá un longo percorrido.

  • Intérprete: Antonia Paso
  • Escenografía e figurinismo: Anna Tusell
  • Vestiario: Adolfo Domínguez
  • Son: Irene Maquieira
  • Iluminación: Pedro Yagüe
  • Produción: Javier Ortiz
  • Autor: Dennis Kelly
  • Dirección: Lucía Miranda

ENTRADA: 8 € | DURACIÓN: 80 MIN APROX.

RECOMENDADO A PARTIR DE 14 ANOS

Fecha y hora

Ubicación

Pazo da Cultura de Carballo

s/n Rúa Pan

15100 Carballo

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado